ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
ROSALÍA DE CASTRO
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 20, 1º ESDA.
15300-BETANZOS

 
 
SR. ALCALDE PRESIDENTE
DO CONCELLO DE BETANZOS

Estimado Sr. Alcalde:

Tal como xa foi comunicado no seu día, a Asociación á que neste escrito represento ten a intención de organizar unha sardiñada-churrascada popular, a celebrar o  venres 15 de xuño, a partir das 21,00 horas, na Praza Uxío Novoneira.

Polo tanto, SOLICITAMOS que se nos conceda autorización para realizar a devandita celebración, e agradeceriamos que por parte dese Concello se nos subministraran varios contedores de lixo, con obxecto de que os participantes poidan depositar os desperdicios, dez valos protectores (amarelos), con obxecto de evitar que os veciños se acerquen á zona de fogo, e dous focos de luz, tal como foron proporcionados en anos anteriores, para permitir a adecuada iluminación da zona. Así mesmo, e aínda que esta Asociación ten pensado limpar a zona afectada con posterioridade ao acto, pregariamos que os servizos municipais de limpeza finalizaran axeitadamente esta, dentro da súa xornada normal de traballo, o seguinte sábado, 16 de xuño. Indicámoslle que non sería necesario que se nos subministrara area, xa que a organización fai o lume necesario en bidóns oportunamente acondicionados.

            Tal como no seu día foi solicitado e concedido por parte dese concello, recordámoslle que no transcurso da sardiñada-churrascada está prevista a actuación dos distintos grupos de baile da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.

            Esperando que teña en conta as solicitudes efectuadas, e agradecendo de antemán a colaboración prestada, reciba un cordial saúdo.
                             
En Betanzos, a 5 de xuño de 2007.

POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,

 

 

ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella