ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

ROSALÍA DE CASTRO
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 20, 1º ESQDA
.
15300-BETANZOS

SR. ALCALDE PRESIDENTEDO CONCELLO DE BETANZOS

Estimado sr. Alcalde:

            O sr. Presidente da nosa Asociación, así como un dos vocais da nosa Xunta Directiva, en ocasións diferentes, recibiron con estupor as preocupadas queixas do varredor que traballa normalmente na zona Rosalía de Castro, pois os responsables do Concello transmitíranlle que a Asociación manifestara que a rúa non estaba limpa polas deficiencias na execución do seu traballo. 

Ao respecto, recordámoslle que efectivamente a nosa Asociación, na lexítima defensa dos intereses veciñais, e considerando as particularidades da nosa zona de residencia, ten solicitado insistentemente melloras no servizo de limpeza, especialmente en dous aspectos:

 

Evidentemente, as cuestión plantexadas para a mellora da limpeza da zona nada teñen que ver con críticas persoais ao traballo de ningún empregado municipal, e se tiveran que considerarse críticas, en todo caso referiríanse ao sistema de xestión e organización, non ás actuacións concretas dos traballadores.

En base ao exposto,

SOLICITAMOS:

Que se lle transmita expresamente ao persoal do Concello que executa o servizo de limpeza na zona da Rúa Rosalía de Castro que a Asociación de Veciños que represento non pon en dúbida a súa integridade e esforzo como varredores, considerándose que os interesados cumpren axeitadamente co seu traballo.

Que se tomen as medidas organizativas adecuadas para mellorar definitivamente a limpeza na zona, segundo os termos transmitidos reiteradamente pola nosa Asociación a ese Concello.

 

En Betanzos, a 12 de marzo de 2007.

 

POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,

 

 

ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella