ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

ROSALÍA DE CASTRO
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 20, 1º ESQDA
.
15300-BETANZOS

SR. ALCALDE PRESIDENTEDO CONCELLO DE BETANZOS

Estimado Sr. Alcalde:

            Numerosos veciños acudiron a nós para manifestar o seu malestar pola pésima iluminación existente na Rúa Rosalía de Castro e no parque existente a carón do antigo ambulatorio.

            No parque en cuestión colocáronse uns pequenos farois moi artísticos, pero que dan unha pésima iluminación, dada a escasísima potencia que presentan.

            Na rúa Rosalía de Castro prometéronse uns marabillosos farois de deseño, que finalmente foron colocados moi espallados, e que proporcionan tamén unha iluminación totalmente deficiente. De feito, se non houbera os focos existentes nos soportais nos que se localizan as Cafeterías Rosalía de Castro e Millennium (nos que o recibo de luz é pagado polos propios veciños) a escuridade sería moito mais acusada.

            A importancia da deficiente iluminación agrávase polo feito de ser a zona en cuestión frecuentada por moitos mozos e mozas os fins de semana, favorecéndose a realización de actos vandálicos e a inseguridade cidadá.

            En base ao exposto,

            SOLICITAMOS:

            Que previas as comprobacións que considere oportunas, que podería realizar vostede mesmo en calquera ocasión pola noite, dende ese Concello se tomen as medidas oportunas para mellorar a iluminación da zona. 

 

En Betanzos, a 12 de marzo de 2007.

 

POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,

 

 

ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella