ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
ROSALÍA DE CASTRO
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 20, 1º ESDA.
15300-BETANZOS

 
 
SR. ALCALDE PRESIDENTE
DO CONCELLO DE BETANZOS

 

 

                                                                                               
Estimado Sr. Alcalde:

Tal como xa foi comunicado no seu día, no programa de actividades para o vindeiro ano 2007, a Asociación á que neste escrito represento ten a intención de organizar unha xira fluvial ós Caneiros para a totalidade dos asociados que desexen participar na mesma, a celebrar o  domingo 15 de xullo de 2007.

Polo tanto, recordámoslle que no seu momento foi solicitado que se nos concedera autorización para utilizar na devandita data a lancha municipal “DIANA CAZADORA”, tralo pago das taxas correspondentes.

Reiterando a nosa solicitude para a utilización da lancha municipal, e esperando acceda á dita solicitude, agradémoslle de antemán a colaboración prestada.

Reciba un cordial saúdo.
                             
En Betanzos, a 05 de xuño de 2007.

POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,

 

 

ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella