ASOCIACIÓN DE VECIÑOSROSALÍA DE CASTRO |
SR. ALCALDE PRESIDENTEDO CONCELLO DE BETANZOS
|
Estimado Sr. Alcalde:
No marco de actividades organizadas polo Concello de Betanzos na época estival do ano 2006, e a solicitude desta Asociación de Veciños, no pasado verán celebrouse na Praza Uxío Novoneira unha sesión de cine ao aire libre, patrocinada pola Excma. Deputación provincial da Coruña.
A dita xornada de cine ao aire libre foi no noso barrio un auténtico éxito, coa asistencia de preto de 200 persoas. O éxito acadado xustifícase porque a nosa zona de residencia tivo un importante crecemento de poboación nos derradeiros anos, que se traduciu na existencia dun nutrido grupo de familias xoves e con gran número de nenos.
Por outra banda, a nosa Asociación continúa considerando que esta é unha actividade de ocio san sumamente interesante para os veciños, necesitados de alternativas de tempo libre que sexan ao mesmo tempo económicas (e mellor se son gratuítas) e formadoras.
En base a o exposto,
SOLICITAMOS:
Que na programación estival do ano 2007 a elaborar por parte dese Concello se inclúa alomenos unha sesión de cine pola noite e ao aire libre (dado o éxito acadado, entendemos que poderían ser dúas, sempre que esto non supoña que outras zonas do pobo queden sen o mesmo dereito), máis calquera outra actividade cultural que se puidera considerar interesante, na nosa zona de residencia, actividades que ben poderían celebrarse na Praza Uxío Novoneira
En base á programación aprobada, e se esta nos fora comunicada, a nosa Asociación comprométese a dar a oportuna difusión aos actos programados, sempre citando como organizadores e patrocinadores ás entidades correspondentes (Concello de Betanzos e, no seu caso, Deputación provincial).
Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.
En Betanzos, a 5 de xuñode 2007.
POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,
ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella.